31 oct 2010

Doces de Samaín

O SAMAÍN CHEGA A RIBADUMIA.....CUNHA INVASIÓN DE ARAÑAS MOSTRUOSAS!!!

29 oct 2010

MIGUEL HERNÁNDEZ



Este sábado, 30 de outubro, celébrase o primeiro centenario do nacemento de Miguel Hernández. Nas escolas, estamos aprendendo quen era, descubrindo acontementos importantes da súa vida e intentando memorizar algúns dos seus poemas. Para aquelas familias que desexen familiarzarse coa súa biografía a modo de verso, deixámoslles esta presentación realizada pola Biblioteca do C.E.I.P. Frian – Teis, baseada no poema de Carmen Gil titulado “Miguel Hernández para nenos”.
Pero se o que preferides é unha páxina con libros e recursos para todas as idades, a biblioteca “O recanto de Mik” ten unha recompilación do máis completa.

26 oct 2010

BATIDO DE PLÁTANO

Se non sabedes que merendar hoxe, os nenos de Leiro os recomendan preparar esta rica receita...

LIBROS QUE VEÑEN E VAN...

Para conmemorar o día das bibliotecas, dende hoxe, os libros en empréstito que leven os nosos cativos para casa, irán protexidos nas “bolsas de biblioteca”. Cada bolsiña vai identificada co nome do neno e o seu número de carné de biblioteca. Se entre todos as coidamos, a viaxe dos contos ata casa será máis segura.





25 oct 2010

DÍA DA BIBLIOTECA

Co fin de dar a coñecer as bibliotecas á sociedade en xeral, celébrase o Día da Biblioteca. Dende o noso centro, para contribuir á difusión das súas posibilidades e recursos, editamos esta pequena guía de usuarios.



23 oct 2010

Xa plantamos!

Durante esta semana, todos os nenos do CRA traballaron na horta. Plantaron crocus, pensamentos, narcisos, coleos, prantas cheirentas, repolos, brécol... nos parterres de fora e leitugas e porros no invernadoiro.
Pasamos un pouco de frío, pero mereceu a pena.
Aquí tedes as fotos das diferentes aulas.







14 oct 2010

Comezamos o traballo na horta

Co inicio do mes de outubro, a profe Ana, coa axuda dos rapaces das diferentes escolas, están a preparar os parterres e o invernadoiro para comezar a plantar.
Unha das primeiras actividades na horta, foi limpar o invernadoiro de malas herbas. Tivemos que traballar arreo, pero ó final sacamos unha gran cantidade de malas herbas, que foron a parar a composteira para facer compost.
Aquí tedes as fotos de como quedou o noso traballo.

Celebramos un cumple en Sisán

Na escola de Sisán o curso xa comezou con moita alegría e ilusión.
A finais do mes de setembro, celebramos o cumple de Alba que soplou 4 velas. Fixemos a tarta de cumpreanos e pasámolo moi ben.
MOITAS FELICIDADES!!!

O noso primeiro día de cociña en Ribadumia

O pasado venres na escola de Ribadumia fixemos un taller de cociña que foi todo un éxito! Trouxemos noces e galletas e xunto con leite condensado e virutiñas de chocolate fixemos unhas trufas moi larpeiras!! Foi como facer boliñas de plastilina!
A mamá de Sergio tróuxonos ademáis un membrillo caseiro que cortamos en anaquiños e lles puxemos noces enriba... non quedou proba!!!
Mmmmmmm!!!!

Obradoiros de cociña en Leiro

Na escola de Leiro, este curso, cociñamos os venres. Por agora, soamente nos atrevimos a facer iogur con noces e trufas de noces e chocolate, pero coa axuda das familias e buscando na biblioteca, seguro que atoparemos receitas axeitadas.
Animádevos a facernos suxerencias para mellorar!.

A MAMÁ DE MARTIÑO ENSINANOS A FACER “NOCES MUSICAIS”

Cunha casca de noz, un pauciño e un anaco de lá... xa temos música asegurada.
O papá de Martiño preparounos os materiais e a súa mamá explicounos como montalos. Se mirades ben as fotos é moi sinxelo.
Primeiro comemos as noces, que están ben ricas, despois coa axuda dun adulto furamola a ambos lados, metemos a lá, enrolamos o pauciño e a tocar... pero iso non foi todo, tamén aprendimos a calcetar cos dedos, ¿como?... Mirade detidamente as fotos e veredes...
Graciñas papás por adicarnos o voso tempo.

Xa chega o Magosto-Samaín!!!

Seguindo co noso programa anual de actividades complementarias, o vindeiro día 29 celebraremos a festa do Samaín. Faremos unha exposición de cabazas decoradas, realizaremos xogos diversos e remataremos a xornada cun magosto. Para aquelas familias que queiran saber máis sobre esta tradición de orixe celta ou ir preparando a festa cos seus fillos, aquí vos deixamos este enlace con recursos que, tan xenerosamente, compartíu con todos o C.E.I.P. Víctor Sáenz. ENLACE
Se o que preferides é volver a ver as fotos da festa do ano pasado, pica no seguinte enlace. FOTOS

OBRADOIROS DE COCIÑA

Nas escolas do CRA, este curso vamos a cociñar. Ainda somos algo pequerrechiños e danos moito traballo buscar as receitas apropiadas, escribir as notas para lembrarnos de traer os ingredientes, manipular os alimentos sen comelos antes de tempo... Pero, pouco a pouco, imos aprendendo a comportarnos como auténticos cociñeiros mentras nos divertimos.
Para os que queiran experimentar cos nenos na casa, no seguinte enlace podedes ver divertidas suxerencias...

12 oct 2010

“AS MOCHILAS VIAXEIRAS” COMEZAN A SÚA ANDAINA

Rematado o periodo de adaptación dos novos alumnos, a biblioteca escolar abre as súas portas e, as ”mochilas viaxeiras”, empezan o seu peregrinaxe polos fogares dos nosos alumnos. Para aquelas familias que non puideran acudir á reunión de principio de curso, neste enlace teñen información ao respecto:

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/Diptico_mochilas_viaxeiras.pdf

Lembrade que se tedes interese nalgún libro da nosa biblioteca, podedes solicitalo á mestra responsable o día da semana que os vosos fillos acuden á biblioteca.

RIBADUMIA CELEBRA OS PRIMEIROS CUMPREANOS DO CURSO!!

Brais e Nicole cumpriron aniños este mes de setembro.
Convidáronnos á nosa tradicional tarta de chocolate que,
despois de todo o verán sen probar, sóubonnos riquísima!!!
Felicidades pequenos!