29 nov 2010

¡OLLO CO DRAGÓN!...

Durante todo o trimestre, co gallo da festa do Samaín, estivemos traballando nas diferentes aulas ao redor do medo centrándonos nos dragóns. Para que na casa tamén podades adentrarvos no maravilloso mundo destas criaturas míticas, aquí van algunhas suxerencias que tedes a vosa disposición na nosa biblioteca escolar.


27 nov 2010

LUA, LUA, LUA...


Entre as dúas clases de Ribadumia fixemos un mural co conto de LUA... todos os papás, mamás, avós... que queiran que o voso pequeno/a vos conte o conto de LUA só tedes que entrar na escola e disfrutar 5 minutiños!

OS CUMPREANOS DE NOVEMBRO DE RIBADUMIA

Parabéns ós cinco soliños que cumpriron anos este mes: Diego, María F, María G., Oscar e Sabela!

NON TODO VAI SER TRABALLAR EN RIBADUMIA!


Co profe Rafa facemos xogos moi divertidos!

26 nov 2010

Estivemos no Museo de Pontevedra

Como non podía faltar, este ano fixemos outra visita ó Museo de Pontevedra. Disfrutamos co acibeche, coa cociña da casa vella, cos soldadiños de chumbo, coa fragata Numancia, co camarote do capitán ... Despois merendamos nos soportais da praza da Ferrería e fomos camiñando ata a biblioteca municipal de Pontevedra. A bibliotecaria ensinounos as instalacións, contounos un conto e deixounos un montón de libros e quebracabezas para xogar.
Para rematar esta día tan bo, estivemos xogando nos columpios do Parque das Palmeras. Pasámolo estupendamente!!!

HOXE ESCOLLEMOS NÓS!


Despois do batido de plátano, os nenos e nenas decidiron que querían facer no seguinte obradoiro de cociña: batido de amorodos!!....e como non lles sabemos dicir que non e as fresas non están en tempada a solución foi ...xeado de amorodos con iogur!

EN RIBADUMIA....BATIDO DE PLÁTANO!!!


Os nenos e nenas de Leiro fixeron fai unhas semanas fixeron batido de plátano no obradoiro de cociña e como nos dixeron que chuparan os dedos do rico que estaba, nós tamén nos apuntamos!

E CHEGOU O SAMAÍN...

Contos de medo, cabazas decoradas, obradoiro de maquillaxe, Anxo Moure e o seu PAZtinete cargado de contos solidarios... Tivemos de todo, incluso un marabilloso día de sol e unhas estupendas mamás que, a pesar o fume, asaron unhas deliciosas castañas. Pero sen dubida, o mellor foron os doces que trouxeron as familias para a merenda, había de todo: chulas de calacú, bizcoitos de noces, roscas, tortas de queixo, de manzá,... por favor, animádevos a facer comentarios e deixarnos a vosas exquisitas receitas ¡Estaba todo tan, tan rico!...




19 nov 2010

O novembro en Sisán

Na escola de Sisán neste mes de novembro, tivemos castañas a montóns, de moitos tamaños e cores. Para non perdelas fixemos un cestiño moi bonitiño, para celebrar o magosto en Leiro.



10 nov 2010

ESCOLA DE RIBADUMIA: DANIELA, SERGIO E IVÁN.......FELIZ CUMPREANOS!!!

Aquí vos deixamos as fotos da nosa festa de cumpreanos dos pequenos que cumpriron aniños no mes de Outubro!!

7 nov 2010

CHEGARON AS CASTAÑEIRAS A RIBADUMIA

A piques de celebrar a festa do Magosto, esta semana fixemos unhas bonecas de castañeiras moi simpáticas.