28 feb 2012

Reserva de praza para o curso 2012-2013

Do 1 de marzo ata o 10 de abril de 2012 está aberto o prazo de reserva de praza para o vindeiro curso no CRA de Ribadumia.
Os pais/nais poderán recoller as solicitudes e a información necesaria nas diferentes escolas.
Aquí tedes información sobre o proceso e a lexislación que o regula.

Preparamos as novas xardineiras

Aporoveitado o peche do patio na sede do CRA, esta semana estamos preparando as novas xardineiras para que os cativos continuen co traballo da horta.
Tendo presente a conservación do medio ambiente e a importancia da reciclaxe, neste caso utilizaremos botellas de plástico.
Aquí tedes unha pequena representación e xa vos informaremos cando comencen a plantar os cativos.



25 feb 2012

SALÓN DO LIBRO: TRABALLO REMATADO!





Canto tempiño e traballiño costou rematalo... pero xa está listo para levar o luns ao Salón do libro!
Este ano o salón indaga sobre as supersticións, de onde veñen, na mala e boa sorte...

Así que cavilando cavilando... que podemos facer que represente as supersticións??: Unha escaleira (que da mala sorte se pasas por debaixo) cun gato negro (que da malísima sorte se se te cruza por diante!).


Cortar madeiras, poñer parafusos, pintar, repintar e volver a pintar! e ademáis o máis importante!: os libriños que fixo cada aula! Uns sobre as supersticións da noite de San Xoán, outros sobre as de fin de ano, contos de bruxas, supersticións inglesas,
cancións...


Este é o resultado final da nosa maqueta... que vos parece?
A partir do 4 de marzo e ata o día 31 poderedes visitalo! Nós estaremos encantados que nos comentedes o que vos pareceu o noso traballo!







24 feb 2012

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

Hoxe conmemórase o 175 aniversario do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro. A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega anima á cidadanía a celebralo agasallando un libro en galego e unha flor. Dende a biblioteca escolar invitamos ás familias a gozar con algúns dos libros da escritora que temos a vosa disposición. Para a próxima semana chega-ran como novidades "Do A ao Z con... Rosalía" de Everets e "Mi primer libro sobre Ellas" da editorial Anaya, que xa vos adiantamos nas imaxes. Son diversas as actividades que se están a desenvolver nas diferentes aulas, para aqueles que non se queiran perder o que está a acontencer aquí deixamos os enlaces http://auladeleiro.blogspot.com/search/label/Rosal%C3%ADa%20de%20Castro




17 feb 2012

XII+I: SUPERSTICIÓNS

Ademais de a voltas cos disfraces, estas semanas, nas diferentes aulas, estivemos  traballando ao redor das supersticións. Como sabedes, este é o tema elixido polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, no que un ano máis imos participar. 
Orbil, a mascota do Salón do libro

A noite de San Xoán, o espello roto, as meigas e os seus conxuros, as árbores máxicas, as supersticións de fin de ano ou as da cultura inglesa, serán algunhas das cousiñas que integrarán a maqueta que están a preparar. Todo ten que estar listo a finais da próxima semana, pero o Salón non abre as súas portas ata o vindeiro 4 de marzo. Pronto publicarán o seu calendario de actividades que durará ata o 31 dese mes. Durante este tempo, na biblioteca, estaremos mergullados no mundo destas crenzas. Para os que sintan curiosidade, no seguinte enlace teñen a bibliografía que este organismo recomenda http://www.salondolibro.org/sites/default/files/bibliografia_salon_2012.doc

10 feb 2012

XA CHEGA O CARNAVAL

O vindeiro venres 17 de febreiro celebraremos a nosa tradicional festa de Entroido. Este ano o tema central xirará ao redor do conto Cartas de Félix que veñen traballando nas diferentes aulas dende principio de curso.

Na biblioteca adquirimos diversas novidades para axudar na busca de información sobre a vestimenta, os complemetos, os accesorios… relacionados cos distintos disfraces.


        As novas adquisicións non están soamente vinculadas aos traxes, tamén á organización de festas, á ambientación do lugar, á preparación de receitas…

E todo isto sen esquecer os clásicos que sempre gustan como “Os Bolechas van de Entroido”.

3 feb 2012

SEMANA DA PAZ

 
Mural realizado polos nenos da escola
 de Ribadumia

Poemas, cancións, contos, vídeos, murais, debuxos, palabras, apertas, bicos… un amplo abano de actividades e propostas desenvolvéronse esta semana nas aulas co gallo da paz. Nos seguintes enlaces tedes, non todo, pero si un resumo do que estivo a acontecer polas diferentes escolas…http://auladeleiro.blogspot.com/search/label/Paz
Para os que prefiran unha recompilación do que andan a facer noutros colexios do ensino público galego, podedes visitar o blogue http://trafegandoronseis.blogspot.com/2012/01/dia-da-paz-2012.html