Nestas
datas os padriños adoitan agasallar unha rosca aos seus afillados. Dende a
biblioteca escolar propoñémosvos acompañala dun libro de poesía. De aí a nosa iniciativa
para estas vacacións de Semana de Santa: rosca con poesía. Aquí vos deixamos
esta guía coas nosas recomendacións onde, os padriños e os que aínda non o son,
atoparán suxestións para todos os gustos.
30 mar 2012
21 mar 2012
DÍA DA POESÍA
Cada 21 de marzo conmemorase
o día mundial da poesía. Dende a biblioteca escolar son varias as propostas para
celebrar este día tan sinalado: calendario poético, guía de lecturas, poemas
musicados, plantando poesía, lectura de poemas… Pero sen lugar a dubidas o que hoxe
chegou a todos os fogares foron os pétalos que, unha vez cubertos cos poemas
favoritos das familias, crearan o “xardín da poesía”. Xa vos contaremos... mentres,
como anticipo, aquí están os enlaces co
que andan a facer polas aulas coa poesía…
15 mar 2012
SEMANA DA PRENSA
Estes
días os xornais adquiren unha especial relevancia nos centros de ensino ao
conmemorarse a Semana da Prensa na escola. Ademais das consabidas actividades
ao redor dos nomes dos periódicos e as súas seccións, este curso, dende a
biblioteca escolar, propoñémosvos familiarizarvos cos xornais franceses da man de
Félix, o peluche viaxeiro de Sofía, e dun artista moi especial: Pablo Ruiz Picasso. A partir dos seus “collages”, Le Figaro e Le Journal, entrarán nas
nosas aulas. Se queredes mergullarvos no que andan a facer nas clases en
relación coa prensa e as noticias, podedes picar nos enlaces que iremos recollendo
aquí:
8 mar 2012
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA
Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día da muller
traballadora. Como sabedes, na escola andamos a realizar un proxecto sobre
Pablo Picasso. Baseándonos nas súas obras sobre a maternidade, pretendemos renderlle
unha pequena homenaxe a todas as mulleres que teñen un oficio cunha xornada
laboral de 24 horas ao día: as mamás.
6 mar 2012
Campamentos de verán da Xunta
Un ano máis a Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG a oferta de prazas xuvenís dentro do programa "Campaña de verán 2012".
Somos conscientes de que as idades dos participantes non se corresponden cos nosos alumnos/as, pero como sabemos que moitos teñen inmáns, aquí tedes toda a información ou tamén visitando esta WEB
Somos conscientes de que as idades dos participantes non se corresponden cos nosos alumnos/as, pero como sabemos que moitos teñen inmáns, aquí tedes toda a información ou tamén visitando esta WEB
Suscribirse a:
Entradas (Atom)