30 ene 2016

CHEGA O ENTROIDO...O MECO MANDA!





A vindeira semana celebraremos a chegada do Entroido no CRA e os mandados do Meco xa están aquí:

Luns: Traeremos algo na cabeza (un sombreiro, unha perruca, antenas, flores... O que máis vos guste!)

Martes: Traeremos posto o mandil da cociña.

Mércores: A cara pintada (un bigote, unha estrela, un nariz de pallaso, coloretes...)

Xoves: Traeremos posto o pixama.

Venres: Festa de Entroido na Casa da Cultura de Ribadumia. Xa nos disfrazamos alí!