9 jun 2018

MATRÍCULA PARA O VINDEIRO CURSO 2018-2019

Todo o alumnado que realizou a reserva de praza para comezar o vindeiro curso Educación Infantil C.R.A. de Ribadumia pode pasar pola escola que solicitou ou pola sede do C.R.A. en Leiro para recoller a documentación de matrícula.

Así mesmo debe facelo o alumnado que cursará 1º de Educación Primaria o curso vindeiro, polo centro no que reservou praza.

O prazo de matrícula será do 20 ao 30 de Xuño.

FUNDACIÓN GLORR

Dende o día 23 de maio ata o 8 de xuño estivo aberta a campaña de recollida de Roupa e Calzada da Fundación Glorr no noso centro educativo.
Coa que colaboraron as familias do cole.

Moitas grazas pola vosa colaboración, axudando a que o necesita.

XORNADA DE CONVIVENCIA

O luns 4 de xuño o alumnado de 5 anos realizou unha convivencia no CPI Julia Becerra Malvar, xunto co alumnado de 5 anos deste centro; para coñecer o centro no que moitos deles cursarán 1º de Educación Primaria o vindeiro curso.

Cada alumno/a acudiu á primeira hora da mañá á parada de bus máis cercana á súa escola.

Despois coñeceron ao alumnado do CPI e visitaron as aulas (alumnado de 1º de primaria, biblioteca, aula de música...)

Para rematar a xornada participaron nun contaconto en inglés.

XORNADA DE EDUCACIÓN VIAL

O 25 de maio realizamos en Sisán a Xornada de Educación Vial coa colaboración da DXT de Pontevedra e a autoescola Barrantes.

Durante a primeira parte da mañá o alumnado foi disfrutando de varias actividades.
- CIRCUITO:No  pavillón de Sisán - distribuíuse un circuito con semáforos, rotondas, sinais....
- VEHÍCULOS: Visita aos vehículos dos efectivos da DXT e o camión da autoescola Barrantes.
- PRESENTACIÓN: A través dun power point e uns vídeos os efectivos de tráfico, fan unha labor de información e prevención de riscos cando saen á rúa.

- CICLISMO: Gustavo César Veloso, ciclista profesional visitounos para dar a coñecer o ciclismo e as súas características e tamén como deben ser eles cando viaxan en bici.

Despois da merenda estivemos moi atentos no Teatro de títeres "Caperucita peapona e lobo veloz"
                                        

Para visualizar tódalas imaxes deste día premer AQUÍ

SAÍDA A AFUNDACIÓN E O CAFÉ MODERNO

O  día 10 de maio visitamos a Sede de Afundación en Pontevedra, para ver a obra de títeres "Antón Comodón"

Resultado de imagen de antón comodónResultado de imagen de antón comodón



Ao remate desta divertida obra de títeres, visitamos o Café Moderno para unha visita- obradoiro sobre os materiais de construcción e rehabilitación de edificios. 
A última rehabilitación deste edificio foi dirixida polo arquitecto portugués Álvaro Siza.


Para mirar todas as fotos, preme AQUÍ

CELEBRACIÓN DOS MAIOS.

O 27 de abril celebramos en Leiro os Maios. As familias acudiron con fiuncho, laranxas, pampullos, ovos vacíos.... para crear un explendoroso MAIO.
Durante a mañá o alumnado realizou cadenetas de pampullos e ovos.

Tamén participaron no obradoiro de percusión con material reciclado impartito por Matrácala.

Despois de degustar a merenda chegou a música, grazas á colaboración da ANPA, os DEMOS DA PETACA amenizaron a cantiga ao maio e outras cancións populares de música tradicional galega.

Para ver tódalas imaxes deste día, preme AQUÍ

8 jun 2018

SAÍDA A APÍPOLIS

O 23 de marzo, desprazámonos ata Xeve á granxa Apípolis.
Alí realizamos varias actividades relacionadas coa apicultura. 
- Visita ao apiario.
- Elaboración de galletas de mel.
- Extración de mel.
- Conto e exposición.



 Para ver a fotos mira AQUÍ


REFUXIO DE ANIMAIS DE CAMBADOS

O 19 de abril recibimos en Leiro a visita do Refuxio de Animais de Cambados para explicarlle ao alumnado a importancia de non abandonar os animais, das necesidades e  coidado das mascotas e de como adoptar ou colaborar con eles.

Esa mañá fixemos unha recollida de productos: de hixiene, alimentos, sanitarios... que precisan no refuxio.





Moitas grazas pola colaboración.

PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA



O 19 de abril o alumnado do C.R.A. de Ribadumia na Sede en Leiro participou no obradoiro de "Ponlle as pilas ao teu bocata" a través do Plan Proxecta coa colaboración da Consellería do Mar.
Este obradoiro comezou cunha presentación sobre a importancia de comer conservas e verduras, a continuació; disfrutamos dun conto interactivo e para rematar elaboración de bocadillos ( de sardiña, chipirón, mexillóns, atún, leituga, tomate, zanahoria, aceitunas...).