20 feb 2019

AS ORDES DO MECO

Preparámonos para o Entroido
LUNS: Para non nos de preguiza, poñemos algo na cabeza !
MARTES: cara pintada para que non che doia nada
MÉRCORES: gafas para que veñas con ganas
XOVES: ven con capa que a maxia destapa
Imagen relacionada

PORTAS ABERTAS

Deixámosvos un vídeo onde poderedes ver un pouquiño máis do noso cole. É un vídeo caseiro onde participan profes, antigos alumnos e as súas familias. Non está feito con medios tecnóloxicos avanzados nin con coñecementos audiovisuais profesionais pero, co que si está feito é con moito AGARIMO!
 https://drive.google.com/open?id=1c5e73w18inN625sGWJ-cpxHrsMhFOM5h