30 may 2019

XORNADAS DE EDUCACIÓN VIAL

A mañá do martes foi intensa e chea de actividades divertidas: 
- Circuíto de educación vial
- Charla a cargo da DXT
- Vehículos da Garda Civil e Autoescola Barrantes
- Taller e espectáculo de clown a cargo de Fátima Rey (Tatana Teatro)
- Charla informativa e mostra de pombas mensaxeiras a cargo de Derby Rias Baixas

MOITAS GRAZAS A TODOS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!
   
Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:


22 may 2019

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAL

Aberto o prazo para que as familias soliciten axudas para libros e material escolar e acceso ao fondo solidario da Xunta.

O prazo para presentar as solicitudes, -por vía telemática, nos propios centros docentes ou nos rexistros oficiais-, rematará o 21 de xuño
O alumnado de 1º e 2º de Primaria poderá acollerse ás axudas á compra de libros, que van entre os 90 e os 170 euros en función da renda.

9 may 2019

SÚPERMAIORES

Dentro do programa "Voluntariado miúdo: Móvete!" realizamos unha actividade interxeracional coa colaboración do Xeriátrico DomusVi de Ribadumia. Co gaio do día da árbore unha das actividades que fixemos foi unha plantación de diferentes especies, recordando a importancia que ten  protexer os nosos bosques. Ademáis realizamos outras actividades (manualidades, teatro,...) onde o obxectivo era crear vínculos entre as diferentes idades contribuíndo a aumentar a participación social dos nosos maiores a través de actividades conxuntas onde todos (pequenos, maiores, profesorado, traballadores do centro) aprendemos e ensinamos.

 Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:

2 may 2019

Maios


Día espectacular para celebrar a chegada da primavera. 
Unha mañá moi atarefada confeccionando cadenetas con pampullos, alfombras primaverais e o xa tradicional maio. Ademais, contamos coa visita de Rocío ( programa educativo “Apúntate á compostaxe” de CEIDA en colaboración coa Deputación de Pontevedra) que viña acompañada de Ecocol, xuntos ensináronnos como elaborar unha "terra máxica" (compost). 
Collemos forzas cunha merenda preparada con moito esmero polas familias. 
Rematamos o día bailando e cantando ao redor do maio amenizados polo grupo de gaiteiros "Demos da Petaca", agasallo da ANPA do noso cole. 
Grazas a todos pola vosa colaboración
Fotos, vídeos e máis nas seguintes ligazóns:
Leiro
Lois
Ribadumia A
Ribadumia B
Sisán
Natureza
ANPA CRA de Ribdumia