1 nov 2019

FESTA DO MAGOSTO-SAMAÍN

O venres, 30 de outubro, tivemos a festa do Magosto-Samaín.
Os nosos alumnos viñeron disfrazados de vampiros, zombis, bruxas…


Fixemos unha exposición coas cabazas, decoradas nas casas, que trouxeron as familia.


E durante a mañá, realizamos moitas actividades:

As mestras contaron contos de medo.


As familias trouxeron castañas e carozos para asalas e, algúns pais, nais e avoa estiveron facendo esta tarefa. O asador que utilizamos deixóunolo  o Concello de Ribadumia.


Para facer os cucuruchos para as castañas, decoramos con ceras follas de papel recicladas.



Angeles, a mamá de Izan de Sisán, trouxo á ecobotella para ensinarnos a importancia das 3R e, mostrounos un vídeo sobre a importancia de reciclar, reducir e reutilizar.



Visitounos a Agrupación músico-cultural de Ribadumia cos que os nenos aprenderon os  nomes dos intrumentos que trouxeron e como soan. Tamén tocaron e cantaron connosco cancións.



Merendamos riquísimos doces preparados nas casas polas familias.




E, para rematar a mestra Montse e Angeles (a mamá de Izan de Sisán) representaron  a obra “A bruxa Hermelinda e a fada das 3R”.




Queremos dar as grazas as familias pola súa colaboración, e por suposto aos pais, nais e avoa que estiveron asando as castañas a pesares do mal día que estivo.
Podedes ver máis fotos nestes enlaces: