22 feb 2020

FESTA DO ENTROIDO

O venres, 21 de febreiro, tivemos a festa do Entroido no Auditorio de Ribadumia.
Os nenos, e tamén algúns pais/nais, viñeron disfrazados de marcianos, galácticos, foguetes, astronautas e do sistema solar.




Temos que dar as grazas as familias polo seu esforzo para realizar os disfraces.
CANTO TRABALLO E QUE GUAPOS ESTABAN!
Durante a mañá realizamos os seguintes talleres:

CONTACONTOS


XOGOS


DECORACIÓN DUNHA MÁSCARA DE PELIQUEIRO


VISIONADO DE PEQUENAS PELÍCULAS


Despois merendamos…



E para rematar, desfilamos polos arredores do Auditorio e realizamos xogos musicados.










Podedes ver máis fotos nos blogs das aulas:

20 feb 2020

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA

O 18 de febreiro tivemos unha excursión a Pontevedra, na que realizamos as seguintes actividades:
No Auditorio Sede a Fundación vimos o teatro de monicreques “O lobo e a Lúa” do grupo Baobab Teatro. 
Esta obra foi gañadora do Premio Barriga Verde de Textos para teatro de Monicreques na XI Edición de 2014. Nela cóntannos como un lobo que vive no Prado Azul e que necesita falar coa Lúa, a pesar de intentalo, non pode facelo xa que está moi lonxe. Pero coñecerá a Mariano, un rato falador e divertido, que lle axudará.  


A continuación merendamos…


Despois estivemos no Café Moderno onde contáronnos, sobre este edificio, que xa ten 118 anos e que foi rehabilitado polo arquitecto Álvaro Sita que encargo unhas butacas e lámpadas exclusivas para este edificio. Tamén ensináronnos un cadro de Laxeiro, que hai nunha das súas salas e que leva por título “fonte de vida”. E, para rematar, os nenos deseñaron e debuxaron a súa propia habitación nunha carpeta que xa tiña unha cama.



Podedes ver máis fotos nos blog das aulas de:

15 feb 2020

VÍDEO RESUMO DA XUNTANZA DO XOVES 13 DE FEBREIRO



Aquí tedes un vídeo, que fixo a mestra de música Lupe, no que podedes ver aos nenos nas actividades que se fixeron na xuntanza do xoves 13 de febreiro.

ACTIVIDADES EN LEIRO

O xoves 13 de febreiro, reunímonos en Leiro todas as escolas do C.R.A de Ribadumia para realizar moitas actividades.
Recibimos a visita de Maruxa, hixienista dental do Colexio Profesional de Hixienista Dentais de Galicia. Que nos falou do rato Pérez, que temos na boca (dentes, lingua, labios…) e para que serve cada (beber, comer, rir…), que é o que debemos de comer para non ter caries, como se limpan os dentes… E agasallou aos nenos cun cepillo e pasta de dentes, un calendario para anotar cunha cariña sorrinte as veces que lavamos os dentes e un caderno para colorear do rato Pérez.


Viñeron os cociñeiros de Ponlle as Pilas ao teu Bocata (xa que este curso volvemos a participar no programa Aliméntate Ben) que explicaron aos nenos  a importancia de comer peixe. Con eles realizaron moitas actividades e puideron ver con unhas gafas máxicas de D. Despois elaboraron para os rapaces bocadillos a base de conservas, combinados con queixo e vexetais como o millo, leituga e tomate. E, ao final, déronlle aos nenos unha viseira, un recetario de bocadillos e un chaveiro.


E para rematar a mañá a mestra Montse e Jose amenizáronnos coa historia de “Makita a extraterreste ecolóxica” que viña do Planeta anano Makemake, o conto “Capitán Verdemán superhéroe del reciclaje” e a canción “O meu Planeta”. Con todas estas actividades, o que pretendían era transmitirnos a importancia de usar as 3R (reutilizar, reciclar e reducir).


Podedes ver máis fotos nos blogs das aulas de:

12 feb 2020

AS ORDES DO MECO

A vindeira semana, como todos os anos, poñerémonos as ordes do Meco 
nos días previos á celebración da festa do Entroido.
No seguinte cartel, podedes ver o que hai que traer cada día.


11 feb 2020

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

O vindeiro luns, 17 de febreiro, queremos convidarvos a visitar o noso centro cunha Xornada de Portas Abertas
Deste xeito, poderedes coñecer o noso colexio en compañía dos voso fillos, que están a punto de comezar a escolarización no segundo ciclo de Educación Infantil.
As familias poderán coñecer o funcionamento das aulas visitando primeiramente a escola elixida (Leiro, Lois, Ribadumia ou Sisán). Despois pasarán pola nosa sede en Leiro, para ver as outras instalacións do C.R.A de Ribadumia (aula de inglés e informática, biblioteca, horta, invernadoiro…). O horario para realizar este percorrido será de 10h. a 12h.  
Os que non poidan vir pola mañá, tamén teñen a opción de facelo pola tarde (ese luns) asistindo a Sede en Leiro de 16h. a 18h.
Animádevos a vir e coñecer o noso colexio!

Tamén tedes este blog e o das aulas (podedes velos á dereita), para coñecer a nosa forma de traballar e as actividades que os nenos realizan.
A reserva de praza (no noso centro) para o vindeiro curso 2020-21, será: do 1 ao 20 de Marzo.


3 feb 2020

RESERVA DE PRAZA CURSO 2020-21


Do 1 ao 17 de febreiro, está aberto o prazo para a reserva de praza dos nenos/as de 6º de Educación Infantil en 1º de Primaria no colexio adscrito (CPI Julia Becerra Malvar).
Todas as familias que queiran matricular aos seus fillos neste centro en 1º de Primaria, deberán entregar a solicitude de reserva cuberta nas escolas do C.R.A antes do LUNS 17 DE FEBREIRO.
A folla de solicitude pode ser recollida nas escolas do C.R.A e entregada en Leiro (en dirección) ou facelo a través da aplicación informática “admisión de alumnos” da Consellería de Educación. Dende esta aplicación poden crear unha solicitude online e, unha vez cuberta, entregala en dirección en Leiro.
Para facelo online:
Solicitude→Reserva→Crear
No caso de que queirades matricular aos vosos fillos noutro centro diferente ao adscrito, deberedes facelo no colexio da vosa elección no prazo do 1 ao 20 de Marzo, onde vos informarán da documentación necesaria.