12 nov. 2009

ESTRENAMOS BLOG

Desde o noso Blog queremos dar a benvida a todos os nenos e nenas do CRA de Ribadumia, a todas as nais e pais, e a todos os mestres do cole neste novo ano que comezamos.
Desexamos que este blog poda ser unha canle de comunicación e información de todo o que acontece na escola co exterior, pero tamén nos gustaría coñecer as vosas opinións.
Por iso, anímovos a que expresedes as vosas opinións nos comentarios que podedes facer en cada unha das informacións.
Unha aperta.

1 comentario:

  1. Animo os pais e as nais que visiten este blog pois as veces ocorre que o teu fill@ estache a falar de algo que ti non sabes de que vai, e mira ti, a árbore que se lle saca a corteza para facer corcho é a sobreira.¡seré alcornoque!

    ResponderEliminar