24 dic 2009

FELICES FESTAS A TODOS


O NADAL DE SISÁN

O nadal xa chegou á escola de Sisán.
Entre todos xa estamos decorando o noso cole, será moi divertido pintar de branco o noso "Carballo Navideño" e adornalo con moitas estrelas.
Felices Festas!!

Á ESCOLA DE RIBADUMIA XA CHEGOU O NADAL!!

Na escola de Ribadumia estamos moi atarefados preparando todo para a chegada do ano novo. Montamos un Belén con todas as súas pezas: o nacemento, os pastores, os animais, as casas...Á árbore de nadal non lle falta de nada xa que lle fixemos bonecos de neve, colgantes de plastilina cos nosos nomes, bolas de cores....Os pais axudáronos a facer o tren que nos leva ó 2010 e que adorna a entrada da escola.Papá Noel nos quedou ben bonito

!!Bo Nadal a todos e Feliz Ano 2010!!!



Cumples de Decembro na aula de Ribadumia 4-5

Este mes celebramos os cumples de Mariana (5 anos) e de Noa Domínguez (4 anos). Moitas felicidades, mozas!!!
Esta vez foron elas as que fixeron a tarta para convidarnos. Estaba boísima e coma sempre non quedou nin a proba, aínda que moitos quixeron repetir!! Logo viñeron as lambonadas,os bailes e os xogos.
Pasámolo moi ben e xa estamos desexando celebrar os cumples do 2010.

O NADAL DE LOIS

Con saltos e brincos,
do brazo as cinco,
moi pouco formais
chegan as vogais.
Coñécelas?
Adornamos a clase cunha árbore chea de bonitos detalles.


Os nenos e nenas de Lois cantamos panxoliñas, agardando a que chegue Papá Noel con moitos agasallos para os nenos que sexan bos e desexándolle a todos unhas felices festas.

15 dic 2009

AVISO IMPORTANTE

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro.

Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

Para máis información clicade AQUÍ

9 dic 2009

Na escola de Ribadumia 4-5 celebramos cumpreanos.

Na escola de Ribadumia 4-5 celebramos os 5 anos de Queitán, Esteban e Andrea que cumpliron no mes de setembro e os de Alba Villar e Alba Gómez que os cumpliron en Novembro.
Os que estaban de cumple pintaron un 5 dourado ou prateado na frente e fixeron de cociñeiros preparando unha tarta de galletas e chocolate adornada con lacasitos e virutas de cores. Estaba tan boa que non quedou nin a proba!!!
Pasámolo moi ben na festa cos compañeiros e compañeiras da clase do lado: sopramos as velas, cantamos e merendamos todos xuntos.
Aquí tedes as fotos. Moitas felicidades!!!!

3 dic 2009

BRAIS ESTONLLO GAÑA O PREMIO DO CONCURSO DE POSTAIS


Mañá, sen dúbida, será festa na E.E.I de Ribadumia. O noso alumno BRAIS ESTONLLO gañou o premio da categoría de Infantil do Concurso de Postais do Concello de Ribadumia.
MOITAS FELICIDADES!!!!
Se queredes máis información, clicade AQUÍ

Os nenos e nenas da escola de Ribadumia 3-4 celebramos os cumpreanos de Novembro

Oscar, María F., María G., Alba V., e Alba cumpriron anos... Alejandra cumpriu 3 aniños en Outubro pero o celebramos con máis nenos este mes... FELICIDADES A TODOS!!!
Fixemos unha tarta de chocolate con galleta e a decoramos con confeti de cores e lacasitos... saiu mmmmm!!!!
Os nenos dos cumpres decoraron candasúa coroa, sopramos as velas e comimos trapalladas varias. Pasámolo moi ben!!

2 dic 2009

A CLASE DE RIBADUMIA DE 3-4 ANOS FIXEMOS AS POSTAIS PARA O NADAL

CELEBRAMOS O SAMAÍN E O MAGOSTO

Este ano tamén celebramos o SAMAÍN e o MAGOSTO. Fixemos unha festa na que participamos todos os nenos e nenas do cole. Xogamos, cantamos, comemos moitas larpeiradas que troxemos da casa e ata bebemos unha apócema segreda dunha bruxa.
Queremos dar as grazas a MAITE, a nai de Daniel Padín por todo o que traballou para que as castañas estiveran tan ricas.