O pasado mes de novembro, despois de varios intentos fallidos, os maiores das escolas de Leiro e Ribadumia coñecimos a Biblioteca Municipal de Meis.
No transcurso da mañá, grazas á colaboración de Teresa, a bibliotecaria, vimos contos e libros, xogamos nos ordenadores, traballamos cos xornais, divertímonos cos xoguetes… ¡Ata inventamos un conto coa axuda do escritor Santiago Jaureguizar!.
Pero isto non foi todo, incluso sacamos tempo para ver o cole de Mosteiro, acudir ao salón de plenos da Casa do Concello e brincar no “Xardín dos xogos” da Casa de Escudeiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario