24 feb 2010

OS NENOS DE SISÁN ESTRENAMOS O PABELLÓN

Gracias á colaboración co Concello, este curso os nenos e nenas da escola de Sisán poden realizar as súas actividades de Psicomotricidades no pabellón de Sisán.
Nestas fotos podedes ver como xogamos a baloncesto, a fútbol, como facemos carreiras disfrutando do pabellón e como o pasamos estupendamente.

12 feb 2010

EN RIBADUMIA CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

O día 30 de Xaneiro foi o día da paz pero en Ribadumia o celebramos o venres 29.
Na clase traballamos un poema de Gloria Fuertes e fixemos pombiñas, banderines e collares.....
Fixemos unha xuntanza na zona común e a mestra Mª José leunos un poemiña.
O máis divertido foi a solta de globos no patio!!


<

¡XA TEMOS INVERNADOIRO!

Grazas á colaboración do concello de Ribadumia e Voz Natura, a partir de agora tamén en inverno poderemos disfrutar das verduras da nosa horta. Pero antes, ¡moito traballiño levamos!... quitar pedras, preparar o terreo, sachar…
Cando teñamos fotos xa as subiremos ao blog para que disfrutedes todos delas.

SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA

O vindeiro martes 9 de febreiro imos de excursión ao XI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no que participamos coa maqueta “Unha cidade de contos”. Dende aquí queremos animar a todas as familias a visitar este espazo gratuito onde, sen dúbida, disfrutaredes vendo os traballos dos vosos fillos e de outros colexios da cidade.

Máis información en http://www.salondolibro.org/




5 feb 2010

¡XA ESTÁN AS FOTOS DA FESTA DE NADAL!

Choiva, moita choiva o día do noso festival, pero non nos importou. Co Local social de Lero adornado para a ocasión coas tarxetas decoradas polos nenos, comenzamos con xogos, seguimos con bailes e cancións, continuamos cunha gran merendola e rematamos coa posta en escena das bonitas panxolinas que nos ensinou María, a nosa “profe” de música. E por suposto, non puido faltar a visita dos paxes das Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente.

<