21 may 2010

OS MAIOS

O venres 7 de maio quixemos darlle a benvida á primavera construindo un maio. Flores, fiuncho, laranxas, ovos... tomaron as aulas ata que pouco a pouco, o que comenzou sendo unha estructura de canas, quedou convertido no noso tradicional maio. O tempo non quixo acompañarnos e a choiva fixo que quedara menos lucido que outros anos, pero nós divertimonos igual xogando e cantando ao seu redor a ritmo de claves. A festa alcanzou o seu mellor momento coa actuación do grupo Alecrin cando todos xuntos cantamos: “A saia da Carolina”, “O pirimpipín”, “A rianxeira”...





COÑECEMOS A “ARTESANÍA EN PEDRA”

Piornos, chemineas, cruceiros, mesas, escudos... entre outros moitos obxectos realizados en pedra, puidemos ver no taller de artesanía do papá de Roi Fandiño. Grazas a Miguel Angel, coñecimos un pouquiño mellor o oficio de canteiro.

No transcurso da visita as súas instalacións explicounos como traballan a pedra, o funcionamento das máquinas que usan, as ferramentas que empregan e as medidas de protección imprescindibles. ¡Grazas papás de Roi por axudarnos a aprender tantas cousas!



9 may 2010

CELEBRAMOS OS CUMPREANOS DO MES DE ABRIL

Alvaro, Miguel e Fran foron os anfitrións do mes de Abril xunto a Alba que aínda que os cumpriu no mes de Maio o celebra este mes. FELICIDADES PEQUERRECHOS!
Tarta a esgalla, esta vez con gominolas!! Patacas, pelotazos e trapalladas riquisimas.....incluso houbo cocacola e fanta.....

Quenes son os seguintes???

3 may 2010

Estades convidados a participar

Nais e pais dos nenos/as do CRA de Ribadumia.
Como podedes ver, co arranque este ano do Blog, estamos a compartir con vos moitos dos traballos, saídas e celebracións que realizan os vosos fillos no tempo que están na escola; pero eles botan en falta algo.
Cando nas clases de informática lle botamos unha ollada ao Blog, vemos que son moi poucos os que nos deixan un comentario do que facemos: se vos gusta ou non, que botades en falta, que tal eran os disfraces de entroido, que ricos parecían os doces do magosto...
Por iso, e en nome de todos os vosos fillos e fillas...

ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR!
ANIMÁDEVOS!!!!

The English Corner

Este ano tamén estamos traballando moito nas clases de inglés coa profe Janet. Aquí podedes ver algunha das actividades que facemos con ela nos ordenadores, coa pizarra dixital, coloreando.... e tamén cantando e bailando.
Pasámolo xenial!!!