3 may 2010

Estades convidados a participar

Nais e pais dos nenos/as do CRA de Ribadumia.
Como podedes ver, co arranque este ano do Blog, estamos a compartir con vos moitos dos traballos, saídas e celebracións que realizan os vosos fillos no tempo que están na escola; pero eles botan en falta algo.
Cando nas clases de informática lle botamos unha ollada ao Blog, vemos que son moi poucos os que nos deixan un comentario do que facemos: se vos gusta ou non, que botades en falta, que tal eran os disfraces de entroido, que ricos parecían os doces do magosto...
Por iso, e en nome de todos os vosos fillos e fillas...

ESTADES CONVIDADOS A PARTICIPAR!
ANIMÁDEVOS!!!!

2 comentarios:

  1. A verdade e que o tempo non da para todo, pero isto tamén e unha tarefa bastante importante para poder compartir cos nosos nenos. Haber si entón nos animamos e participamos un pouquiño mais.

    Noraboa os profesores por todo este traballo realizado, en concreto o profe rafa, que creo que é o fotógrafo profesional......

    Gracias.

    ResponderEliminar
  2. Tan so darvos as miñas felicitacións polo maravilloso traballo que facedes neste blog e que tanto me axuda a estar mais preto de vos seguindo dunha maneira tan bonita todo o que facedes.Gracias. María Cores (mama de Raúl Rebolo).

    ResponderEliminar