3 jun. 2010

CONVIVENCIA NO COLE DE BARRANTES

O pasado 20 de Maio fixemos unha convivencia, no cole Julia Becerra Malvar de Barrantes, con outros nenos e nenas de educación infantil, que tamén estudarán o ano que ven nese cole.
Ademáis de coñecer a algúns dos nosos futuros compañeiros, tamén fixemos unha visita polo cole. Estivemos nas aulas de 1º de primaria, na clase de música (onde cantamos unhas cancións), no comedor (no que comemos a froita e os iogures) e nos patios nos que fan o recreo.
Para rematar a visita, o profe de Educación Física convidounos a ver o seu ximnasio e deixounos xogar un rato cos aros e as pelotas.
Pasámolo moi ben. Aquí tedes as fotos.


XA CHEGOU O VERÁN A RIBADUMIA!!!

Despois de moita chuvia e moitos recreos sen poder sair ó patio... por fin chegou o calorciño! asi que para celebralo decidimos extender a alfombra no campiño debaixo do camelio e montar un picnic!Aínda que a algún neno a calor lle fixo unha mala pasada co chocolate....