10 sept 2010

BENVIDOS AO NOVO CURSO

Dende o noso blogue queremos dar a benvida a todas ás familias. Lembrámosvos que o curso dará comenzo o venres día 10.
Ás 10:30 teremos reunións nas escolas para dar a información xeral do centro e concretarvos os periodos de adaptacións dos cativos que asisten por primeira vez á escola. Para aqueles que queran ir organizándose aquí teñen o calendario escolar.

EXCURSIÓN A SOUTOMAIOR

Ainda que con moito retraso aquí están as fotos da nosa saída de fin de curso. Foi emocionante ir en tren ata Vigo, el revisor foi tan amable que nos deixou entrar na máquina e algún neno tivo tanta sorte que... casi, casi... puido conducir o tren!. Con tantas emocións chegamos ao castelo mortos de fame pero merendamos dentro porque chovia. Unha monitora contounos unha chea de cousas sobre como era a vida antes nestes recintos e ensinounos todas as súas dependencias, os máis atrevidos visitaron ata as mazmorras.