26 nov 2010

Estivemos no Museo de Pontevedra

Como non podía faltar, este ano fixemos outra visita ó Museo de Pontevedra. Disfrutamos co acibeche, coa cociña da casa vella, cos soldadiños de chumbo, coa fragata Numancia, co camarote do capitán ... Despois merendamos nos soportais da praza da Ferrería e fomos camiñando ata a biblioteca municipal de Pontevedra. A bibliotecaria ensinounos as instalacións, contounos un conto e deixounos un montón de libros e quebracabezas para xogar.
Para rematar esta día tan bo, estivemos xogando nos columpios do Parque das Palmeras. Pasámolo estupendamente!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario