7 dic. 2010

SAÍMOS DE EXCURSIÓN

O 25 de novembro fixemos unha saída todos os alumnos do CRA cos profes. Primeiro realizamos unha visita ao Estadio de Fútbol de Pasarón, onde entrena e xoga o Pontevedra C.F. O representante do clube, que nos guiou na visita, deixounos xogar no campo, e ata deunos uns balons de fútbol para xogar. Pasámolo de miedo!!
Despois tamén visitamos as salas de trofeos, os vestiarios, a sala de prensa, a lavandería e puidemonos sentar no palco das autoridades.
Estivemos merendando nas gradas, para coller forzas, xa que despois fomos o Pazo de Congresos a ver unha actuación de Mamá Cabra. Cantamos , rimos, bailamos... en fin, foi un día expectacular!!!







1 comentario:

  1. un equipo inmellorable. Moitas felicidades a todo o persoal do Cra.

    ResponderEliminar