31 ene 2011

CUMPREANOS DO MES DE XANEIRO EN RIBADUMIA

Qué rápido crecen os nosos pequerrechos!
Noa D., Noa F. e Adrián sopraron as veliñas este mes e aquí os deixamos as fotos para que vexades cómo de grandes están xa!
Biquiños pequenos!
!

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ EN RIBADUMIA.

O próximo domingo día 30 de Xaneiro celébrase o Día da Paz.
Na clase falamos sobre o tema e fixemos unhas pombiñas que podedes ver nas fotos.
No patio todos xuntos e por parellas cantamos a canción QUEREMOS PAZ
"Queremos liberdade
queremos paz
queremos máis xustiza
queremos paz
queremos todos xuntos
construir a paz"
........que rematou cun gran abrazo entre todos.
E por último fixemos unha solta de globos de moitas cores.

"MASCOTA" ENGLISH CLASS

Este ano na clase de inglés temos nova mascota. Chámase MONKEY e só fala en inglés, polo que teremos que esforzarnos un pouquiño para poder comunicarnos. Intentade atopar ao noso amigo nas seguintes fotografías.






OBRADOIRO DE COCIÑA: MINIPIZZAS

O venres pasado retomamos na escola de Ribadumia o obradoiro de cociña coa elaboración dunhas minipizzas.Trouxemos de casa pan de molde, queixo e xamón e xunto con champiñóns, tomate e ourego fixemos unhas minipizzas quentiñas que moitos dos cativos desexou poder repetir...que ben olian!!Deixámosvos as fichas que fixemos dos ingredientes e o modo de preparación por se algún na casa quere repetir!