15 feb 2011

12º SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA


Como xa sabedes, no Pazo da Cultura de Pontevedra, estase a celebrar o 12º Salón do Libro Infantil e Xuvenil coa mentira como eixo central. Un ano máis, dende o equipo de biblioteca, recomendámosvos realizar cos cativos unha visita a esta festa do libro infantil e xuvenil e participar nas actividades propostas para toda a familia: Contacontos, teatro, obradoiros, concertos... A visita é gratuita. Para os que se animen, adxuntamos o enlace onde podedes atopar toda a información sobre as actividades e os seus horarios.
http://www.salondolibro.org/static/programa_salon_2011.pdf

No hay comentarios:

Publicar un comentario