Os nenos do CRA de Ribadumia fixemos, coa profe Ana, uns graciosos bonecos aos que lles medra o pelo. Para a súa elaboración só fai falta:
- Unha media curta de nylon
- Sementes de céspede
- Terra
- Fío para atarlle o nariz e as orellas
- Vaso ou maceta
Comenzades introducindo as sementes de céspede na punta da media e engadides a terra ata acadar o tamaño de boneco que desexedes. Para facerlle o nariz e as orellas colledes, cos dedos, un pouco de media con terra e atádelo. Os ollos e a boca pódense facer con pintura de dedos, botóns, anacos de tea…
Para que medre o pelo poñedeo nun vaso ou maceta cun pouco de auga e mollade, de cando en vez, a zona da cabeza onde están as sementes de céspede.
Xa podedes probar!! Aquí tedes algunhas das que fixemos na escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario