27 feb. 2011

A ESCOLA DE RIBADUMIA EN ÓRBITA

Pouquiño a pouco imos aprendendo cousas novas sobre un dos proxectos que estamos traballando este trimestre.
Xa coñecemos os planetas e como son a súa superficie, o que é unha galaxia, as fases da lúa, que é a NASA, falamos dos astronautas, da lúa, das estrelas, o sol... aínda queda moito por aprender!
Dende casa tamén podedes ensinarnos cousas novas a través dos nenos/as para que conten na clase... queremos saber máis!

No hay comentarios:

Publicar un comentario