21 feb 2011

GLORIA SÁNCHEZ

O vindeiro sábado 5 de marzo, no 12ª Salón do Libro de Pontevedra, terá lugar a homenaxe a Gloria Sánchez, escritora de recoñecida traxectoria dentro da nosa literatura, que conta con máis dunha trintena de obras publicadas e diversos premios. Haberá unha actuación especial do grupo Mamá Cabra, que ten entre o seu repertorio varios poemas musicados desta autora. Dende a nosa escola, queremos unirnos a esta homenaxe con esta pequeña guía de lectura.





1 comentario:

  1. Seguramente que moi cerquiña de onde estades aprendeu mamá as súas primeiras letras. As veces laméntábase que por ter sido muller negáronlle estudios superiores. Tería dado algo porque ela estivese presente nesta homenaxe, pero faleceu hai dous anos. Dicirvos que miña nai tamén se chamaba Gloria, coma min, e que naceu en Lois. Gracias pola vosa páxina. Gloria Sánchez

    ResponderEliminar