18 abr 2011

FELICES VACACIÓNS DE SEMANA SANTA!

Onte despedimos a 2ª avaliación! Falamos do coelliño de pascua, xogamos, cantamos cancións e tivemos unha sorpresa! ovos e pitiños de chocolate para celebralo! Boas vacacións a todos/as










10 abr 2011

CHEGA A PRIMAVERA Ó NOSO OBRADOIRO DE COCIÑA

Coa chegada da calor presta comer cousiñas fresquiñas. Para ir practicando no cole fixemos unha Ensalada tropical que levaba piña, xamón e pasta.



MMM...TORTA DE AMORODOS!

Os amorodos están en tempada e están moi doces xa. Así que argallamos unha torta ben larpeira, apuntade para facer na casa: sobaos, nata montada e amorodos. A preparación xa a saben os nenos! Probade!



SOMOS UNS ARTISTAS!

Estos días descubrimos a todo un artista: Miró! Facía escultura, pintura.... Aínda só coñecemos dos das súas obras: "Amanecer" e "Dona i ocell"... pero nós xa quixemos practicar para ver se somos tan bós coma él... vos que pensades??



XA TEMOS MASCOTA EN RIBADUMIA!

Dende fai unhas semanas a lagarta pintada nos ven visitar ó recreo. Os nenos e nenas construironlle un castelo no areiro pero ela prefire quedar ó soliño no muro.

Fixemos unha reunión este venres con todos os cativos da escola para decidir como chamala e ó final puxemonos dacordo que a imos chamar COLORINES.

Aqui vos presentamos á nosa mascota

3 abr 2011

Aquí están as Eirugas de Seda

Tardaron un pouco en eclosionar, pero aquí tedes unha pequena representación das eirugas da escola de Leiro. Hai grandes, pequenas, comedoras... Na presentación podedes ver o capullo que fixeron o ano pasado e unha das volvoretas que puso os ovos. Esperamos que vos gusten, e, a medida que vaian crecendo, subiremos máis fotos.


2 abr 2011

CHEGOU A PRIMAVERA!

Coa chegada da primavera e aproveitando o bo tempiño que fai estos dias, fixemos unhas cometas de cores con forma de pitiño, de peixe, de porquiño, de morcego... para xogar no patio a voalas!

COAS MANS NA MASA…

O entroido, ademáis de desfraces, cancións e bailes, trouxo saborosos doces que na escola de Leiro quixemos aprender a preparar. Rosquillas, orellas e filloas foron as estrelas do obradoiro de cociña nas datas previas e posteriores ao carnaval. Pero, sen lugar a dúbidas, cascar os ovos e encher as mans de fariña e masa foi o que máis ilusionou aos cativos.
ROSQUILLAS

ORELLAS

FILLOAS