8 may 2011

CELEBRAMOS OS MAIOS E...

O venres día 6 celebramos Os Maios na sede do CRA. O primeiro que fixemos foi preparar os colares de margaridas mentres algunhas das mestras ían vestindo o maio co fiuncho.



Unha vez que tivemos todo preparado, fixemos unha subida polo monte ata o castro de Ribadumia. Tiñamos unha visita organizada con monitores do CSIC, que explicaron moi ben a todos os nenos o que era un castro, as diferenzas entre eles, o que se atopou na excavación, como vivían naquela época...



Cando baixamos de novo ata a escola, tivemos a visita do grupo "Alecrin", co que cantamos e bailamos arredor do Maio. Tamén participaron pais e nais que estaban por alí. Foi un día estupendo e pasámolo moi ben.




No hay comentarios:

Publicar un comentario