8 may 2011

EXCURSIÓN AO TEATRO DE CAIXANOVA E AOS BOMBEIROS DO SALNÉS

O xoves 5 de maio os nenos e nenas de 4 e 5 anos xunto cos profes fixemos unha excursión. Á primeira hora da mañá fomos o teatro de Caixanova, en Pontevedra, a ver unha obra titulada "Cando chove e raia o sol". Cando saímos do teatro, demos un paseo ata o edificio da Diputación de Pontevedra, no parque das Palmeras, e sentados na súa escaleira tomamos a merenda. Depois tiñamos que coller o autobús na Alameda e, mentras esperábamos bailamos todos xuntos "A Carrasquiña".

O autobús levounos ao Parque de Bombeiros do Salnés. Quedamos encantados co recibimento que nos deron os bombeiros que estaban ese día no parque. Ensináronnos todo: os cascos, as linternas, as radios, as chaquetas, os camións (por dentro e por fora), e todas as instalacións do parque onde fan eles a súa vida.

Como remate da visita, fixeron varias viaxes para levar a TODOS os nenos no camión, dando unha volta dentro das instalacións.

Queremos dar as grazas aos bombeiro dese turno e que, sen dúbida, o ano que ven volveremos.





No hay comentarios:

Publicar un comentario