27 oct. 2011

Mañá temos Magosto!!!!



Mañá venres no CRA de Ribadumia celebramos a Festa do Magosto-Samaín.

Xuntámonos todos os nenos do CRA na sede de Leiro.

Ao longo do día realizaremos diferentes talleres como "Contos con medo", "Marca bruxas", "Xogos castañeiros"... e algún máis.

Para rematar a mañá, e un pouco antes de comer as castañas, difrazarémosnos de bruxas para facer un pequeno Akelarre, con pócemas máxicas incluídas.
Tan pronto teñamos as fotos as subiremos a Galería.
Dende aquí queremos animar a toda a comunidade educativa do CRA a participar neste día de festa.

24 oct. 2011

24 DE OUTUBRO, DÍA DA BIBLIOTECA ESCOLAR


A celebración deste día ten a finalidade de poñer en valor este importante instrumento educativo. Un ano máis, para contribuír dende o noso centro a difusión das súas posibilidades, queremos compartir coa comunidade educativa este “Decálogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos” da Asociación Colombiana do Libro Infantil.


21 oct. 2011

COMEZAMOS O TRABALLO NA HORTA

A semana pasada comezamos o traballo nos parterres do noso horto. Este ano decidimos poñer unha malla antixerminativa para evitar o nacemento de malas herbas, a que taparemos con cortiza de pino unha vez que os cativos fagan o seu traballo de prantar.

Nestas fotos podedes ver como estaban os parterres e como están quedando. Se queredes ver as fotos de todos os nenos prentando visitade a GALERIA.





14 oct. 2011

Problemas coas presentacións das fotos

A plataforma SLIDE onde, ata agora, tiñamos subidas as fotos que forman parte do blog, vai deixar de funcionar en breve polo que nos vemos na obriga de buscar outro lugar para ubicar as fotos e que todos vos poidades disfrutar delas.



Como sabedes temos una páxina web (ainda arrancando) que será onde subiremos todas as fotos.



Xunto aos enlaces dos blogues das aulas tedes un enlace que pon GALERIA. Clicade ali para velas.
Esperamos que vos gusten.

13 oct. 2011

BIBLIOTECA ESCOLAR

Aínda que soamente levamos un mes de clase, xa son moitas as cousiñas que fomos facendo dende a biblioteca escolar. Puxemos en marcha o empréstito de libros, as mochilas viaxeiras comezaron a súa andaina, sistematizamos o uso da biblioteca, familiarizámonos coas normas de uso e colocación dos libros… Pero sobre todo, como preparación da festa do Samaín que celebraremos o día 28, andamos a ler, ver, escoitar, buscar, agrupar… libros, contos e outros materiais relacionados coas ¡BRUXAS! Como unha pequena mostra dos contos que estamos a traballar, aquí vos deixamos a nosa guía de lectura.