30 nov 2011

CULTURGAL NO PAZO DA CULTURA DE PONTEVEDRA

Esta fin de semana celébrase en Pontevedra a Feira das Industrias Culturais "CULTURGAL" Alí atoparedes obradoiros, exposicións, contacontos, maxia, teatro, danza, presentacións de libros de discos... para todos os públicos e todas as idades. Se queredes máis información do evento, clicade na imaxe...


17 nov 2011

O éxito das buxainas

Desde o día do peón, nas clases de informática e de psicomotricidade estamos a traballar sobre o tema dos peóns, buxainas ou trompos. O profe Rafa quere agradecer a todos os pais a súa colaboración á hora de decorar as buxainas que lle regalamos aos cativos. Realmente quedaron moi bonitas.


Aquí tedes unha pequena representación de como quedaron as buxainas dos nenos da escola de Ribadumia.






E esta é a exposición das buxainas da escola de Leiro


Despois da seca chegan as chuvias

Coas chuvias detes días o novo patio da escola de Leiro escheuse de auga en moitísimos sitios.
Xa se falou con representantes do colcello para botar máis terra e impedir que encharque, pero de momento temos que convivir con eles.


Cando chega o frío...

Xa levavan varios anos na sede do CRA, pero este ano tomouse a decisión de colgalas. Como vedes na foto, estamos a colocar estas casas de madeira nos árbores que rodean a sede do CRA. Xa colocamos algunha... agora so queda esperar a que faga frío e algún paxariño aniñe nela buscando refuxio.
Cando chega frío... hai que buscar abrigo.




9 nov 2011

Menuda festa!!!!!

Outro anos máis a celebración do Magosto-Samaín no CRA foi un exito. Cantamos, fixemos talleres, limos contos de bruxas... e para rematar disfrazámonos todos de bruxas para escoitar o conxuro da "Bruxa Maior".


O almorzo foi do máis variado e rico, e dende aquí queremos dar as grazas aos pais que non poideron vir pero que mandaron un doce para a merenda e sobre todos ao grupos de "incondicionais" de pais e nais que estiveron toda a mañá conosco e nos axudaron a gravar as actividades, a asar as castañas e a montar as mesas para a merenda.


MOITAS GRAZAS A TODOS.
Se queredes ver máis fotos, están todas na GALERÍA.