1 dic 2011

MOITO QUE CELEBRAR…

O Ministerio de Educación ven de comunicarnos que o noso centro recibiu o terceiro premio no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares, correspondente ao ano 2011.
Un recoñecemento o esforzo realizado pola escola para facer da biblioteca un espazo de aprendizaxe e goce de toda a comunidade educativa. Dende esta páxina queremos compartir con todas as familias este premio e a ledicia que para nós supón.
Aproveitamos para dar os parabéns aos outros centros premiados


4 comentarios:

  1. Parabéns, amigos. O traballo de calidade dos centros públicos vese merecidamente recompensado.

    ResponderEliminar
  2. Felicidades polo premio!
    Un saúdo dende Moaña.

    ResponderEliminar
  3. Graciñas compañeiros, pero xa sabedes que isto nunca sería posible sen a axuda de todos vós.

    ResponderEliminar
  4. Ola a todos:

    Dende o CEIP A Lama queremos compartir a nosa ledicia e festexar o voso premio.

    Parabéns a toda a Comunidade Educativa.

    Un saúdo. Lémonos,
    LEO

    ResponderEliminar