Un ano máis non podiamos faltar a nosa cita co veciño de Ribadumia "Chuco", que abriunos de novo as portas da súa casa para poder admirar o seu belén. Igual que os nenos do CRA, o belén medrou e este ano, e era aínda máis grande que o ano pasado. Non faltaba de nada: a Virxe María movendo o berce do Neno Xesús, homes pescando, raposos roubando galiñas, exércitos de romanos... en unha palabra ¡espetacular!
A nosa chegada estaba a alcaldesa de Ribadumia, á que queremos agradecerlle a súa colaboración á hora de poñer a nosa disposición os autobuses para realizar a visita, e tamén as cámaras da televisión que entrevistaron aos nenos e nenas.
Se queredes ver todas as fotos clicade AQUÍ.Gracias a Chuco e a súa muller e... ¡O ano que ven repetimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario