27 ene 2012

LIBROS PARA A PAZ

O vindeiro luns 30 de xaneiro, aniversario da morte de Mathama Gandhi, celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. A tolerancia, o respecto ás diferenzas, a colaboración e cooperación, a axuda mutua…estes días son moitas as bibliotecas escolares que andan a seleccionar lecturas que potencian estes valores e axudan á reflexión. Na paxina de bibliotecas escolares tedes unha boa recompilación delas con opcións para todas as idades.  De todas elas, nós recomendámosvos especialmente a selección Contos para a Paz realizada pola EEI de Vide (As Neves, Pontevedra) e, en particular, o seguinte vídeo do marabilloso conto “El cazo de Lorenzo”

18 ene 2012

O ROUBO DUN CADRO DESENCADEA UN PROXECTO SOBRE PICASSO

Dende que saíu no xornal que roubaron un cadro de Picasso, son varias as escolas que decidiron empezar un proxecto sobre este artista. O equipo de biblioteca anda a revisar os fondos existentes e a mercar novidades para facilitar a busca de información. No seguinte enlace tedes unha mostra por se sentides curiosidade http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/ResultadoBusqueda.aspx?TipoBusqueda=T&TipoValor=T&Valor=picasso&CodigoBiblioteca=PEG002

Tamén nos puxemos en contacto coas bibliotecas municipais coas que soemos colaborar e xa nos facilitaron os seus exemplares en empréstito. Dende aquí vos animamos a visitar as do concello onde residides ou as do limítrofe, son gratuitas e seguro que atopades fondos de interese.
Para os que desexen saber todo o que están a facer nas aulas ao respecto, aquí van os enlaces
http://ribadumiapequenos.blogspot.com/search/label/PICASSO
http://auladeleiro.blogspot.com/search/label/Picasso
http://auladesisan.blogspot.com/2012/01/picasso-roubado.html
E se queredes ver a Picasso en acción, mirade este video

13 ene 2012

COMENZAMOS O SEGUNDO TRIMESTRE


O final de ano veu cargado de boas novas. Como podedes ver na imaxe, a última, o recoñecemento da Delegación Provincial de Educación de Pontevedra. Pero agora toca comezar un novo ano, e con el, continuar traballando.
Nesta primeira semana xa son moitas as liñas de actuación postas en marcha. Algunhas, prolongación do realizado no primeiro trimestre, e outras, novas propostas. Félix prosigue viaxe e, na súa ultima carta nos conta que está en París. Na biblioteca xa andamos a recompilar libros desta cidade e a crear un novo recuncho de recursos.
Nalgunhas aulas xa levan tempo afondando no tema, para os que queiran ver o que andan a facer aquí vos deixamos os enlaces.
O equipo de normalización lingüística xa rematou os carteis para o concurso da exposición sobre Valentín Paz Andrade, traballaron moito e esperamos que teñan moita sorte.
Agora comezamos cos preparativos para o día da paz, Entroido, o Salón do Libro… Xa vos contaremos