17 feb. 2012

XII+I: SUPERSTICIÓNS

Ademais de a voltas cos disfraces, estas semanas, nas diferentes aulas, estivemos  traballando ao redor das supersticións. Como sabedes, este é o tema elixido polo Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, no que un ano máis imos participar. 
Orbil, a mascota do Salón do libro

A noite de San Xoán, o espello roto, as meigas e os seus conxuros, as árbores máxicas, as supersticións de fin de ano ou as da cultura inglesa, serán algunhas das cousiñas que integrarán a maqueta que están a preparar. Todo ten que estar listo a finais da próxima semana, pero o Salón non abre as súas portas ata o vindeiro 4 de marzo. Pronto publicarán o seu calendario de actividades que durará ata o 31 dese mes. Durante este tempo, na biblioteca, estaremos mergullados no mundo destas crenzas. Para os que sintan curiosidade, no seguinte enlace teñen a bibliografía que este organismo recomenda http://www.salondolibro.org/sites/default/files/bibliografia_salon_2012.doc

No hay comentarios:

Publicar un comentario