30 mar 2012

EN PASCUA: ROSCA CON POESÍA

Nestas datas os padriños adoitan agasallar unha rosca aos seus afillados. Dende a biblioteca escolar propoñémosvos acompañala dun libro de poesía. De aí a nosa iniciativa para estas vacacións de Semana de Santa: rosca con poesía. Aquí vos deixamos esta guía coas nosas recomendacións onde, os padriños e os que aínda non o son, atoparán suxestións para todos os gustos.

21 mar 2012

DÍA DA POESÍA

Cada 21 de marzo conmemorase o día mundial da poesía. Dende a biblioteca escolar son varias as propostas para celebrar este día tan sinalado: calendario poético, guía de lecturas, poemas musicados, plantando poesía, lectura de poemas… Pero sen lugar a dubidas o que hoxe chegou a todos os fogares foron os pétalos que, unha vez cubertos cos poemas favoritos das familias, crearan o “xardín da poesía”. Xa vos contaremos... mentres, como anticipo,  aquí están os enlaces co que andan a facer polas aulas coa poesía…

15 mar 2012

SEMANA DA PRENSA

Estes días os xornais adquiren unha especial relevancia nos centros de ensino ao conmemorarse a Semana da Prensa na escola. Ademais das consabidas actividades ao redor dos nomes dos periódicos e as súas seccións, este curso, dende a biblioteca escolar, propoñémosvos familiarizarvos cos xornais franceses da man de Félix, o peluche viaxeiro de Sofía, e dun artista moi especial: Pablo Ruiz Picasso. A partir dos seus “collages”, Le Figaro e Le Journal, entrarán nas nosas aulas. Se queredes mergullarvos no que andan a facer nas clases en relación coa prensa e as noticias, podedes picar nos enlaces que iremos recollendo aquí:

8 mar 2012

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Hoxe, 8 de marzo, conmemórase o Día da muller traballadora. Como sabedes, na escola andamos a realizar un proxecto sobre Pablo Picasso. Baseándonos nas súas obras sobre a maternidade, pretendemos renderlle unha pequena homenaxe a todas as mulleres que teñen un oficio cunha xornada laboral de 24 horas ao día: as mamás. 

6 mar 2012

Campamentos de verán da Xunta

Un ano máis a Consellería de Traballo e Benestar publicou no DOG a oferta de prazas xuvenís dentro do programa "Campaña de verán 2012".
Somos conscientes de que as idades dos participantes non se corresponden cos nosos alumnos/as, pero como sabemos que moitos teñen inmáns, aquí tedes toda a información ou tamén visitando esta WEB