Este é un mes especialmente importante
no calendario das letras. O día 2, aniversario do nacemento do escritor Hans Christian
Andersen, conmemorase o día do Libro
Infantil e Xuvenil. O 23, celebrase o Día
Mundial do Libro e do Dereito de Autor, ao coincidir esta data co falecemento
de Cervantes e Shakespeare. Dende a biblioteca
escolar, para conmemorar este mes dos libros, puxemos en marcha o que
denominamos “Unha semana con Andersen”. Trátase dunha maleta cargada de contos deste autor
que percorrera as aulas do centro para coñecer a súa vida e obra. Pero non contén
soamente libros, tamén DVDs e actividades que se irán enriquecendo cos
traballos dos cativos. Os nenos da escola de Lois serán os primeiros en pasar
“Unha semana con Andersen”, con el coñecerán O soldadiño de chumbo, O parruliño
feo, A sereíña, A raíña das neves… Pero esta non é a nosa única proposta, para
os que desexen familiarizarse coa figura de “Don Quijote” e coñecer algunhas das
súas aventuras, na biblioteca escolar atoparan os libros das imaxes, unha
oferta adaptada as idades dos nosos alumnos e, coma sempre, a disposición da
comunidade escolar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario