O xoves, 17 de maio, é o día das Letras Galegas. Este ano 2012, a persoa elixida pola Real Academia Galega para ser homenaxeada é o avogado, político galeguista, empresario, poeta e xornalista Valentín Paz Andrade.
O noso colexio, este ano, participou no concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, entre os centros de ensino non universitario de titularidade da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado. Aínda que non fomos o colexio gañador, queremos amosarvos os carteis que presentamos e a través dos que quixemos facer un percorrido polos momentos máis significativos da biografía e algunhas das múltiples facetas que desenvolveu Valentín ao longo da súa vida.
Para a súa elaboración contamos coa implicación de mestres e alumnos que puxeron todo o seu empeño e esforzo para que quedaran así de bonitos…
Nas aulas do C.R.A, están realizando diversas actividades para coñecer algunhas cousiñas da vida e obra deste autor. Se pinchades nos diferentes blogs podedes ir mirando o que van facendo.
Os mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia, tamén queremos felicitar aos colexios premiados:
CEIP ADR Castelao de Rianxo (na categoría de educación infantil e primaria)
IES Xoán Montes de Lugo (na categoría de educación secundaria obrigatoria, bacharelato e formación profesional).
¡PARABÉNS!
Parabéns os premiados e parabéns para vos tamen por este traballo tan bonito.
ResponderEliminar