26 may 2013

Convivencia co CPI de Barrantes

O xoves 23 de maio, os nenos e nenas de 5 anos de todas as escolas, tivemos unha xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar.
O día comezou dun xeito especial xa que para ir familiarizándonos coa ruta, collemos o bus nas paradas próximas ás escolas.


Ao chegar xuntámonos cos que serán os nosos compañeiros/as de 1º curso de primaria o ano que ven, e percorrimos as instalacións: o pavillón, as clases de 1º de primaria, o comedor, a aula de música, a biblioteca...

Nas aulas de 1º puidemos ver a compañeiros/as que marcharon o ano pasado. Nunha das aula léronnos un conto e na outra unha pequena representación. Despois estivemos na aula de música onde os nenos nos fixeron un baile.

No pavillón xogamos co paracaídas e lle ensinamos aos compañerios do CPI o xogo do "Matamoscas"
Despois de tanta novidade e coa barrigola baleira,  no comedor esperábanos unha festa rachada na que non faltou de nada: patacas, zumes, galletas...
E con enerxías renovadas puxemos camiño ao Concello onde nos esperaban Salomé e Lidia! A alcaldesa estivo moi atenta e recibiunos no salón de plenos.
E como todo o bo... o día rematou e volvemos para o noso cole non sin antes xogar un rato no parque que está xunto ao Concello.
Se queredes ver todas as fotos clicade AQUÍ