1 mar. 2014

ENTROIDO 2014

O venres 28 de febreiro celebramos o Entroido. Este ano, como estamos cun proxecto sobre Xapón, na nosa festa había carpas Koi, pratos de sushi, guerreiros xaponeses... As mestras ibamos de bandeira xaponesa.
Aínda que a nosa intención era a de desfilar disfrazados polos arredores da sede do CRA, non puidemos facelo debido ao mal tempo. Así que decidimos realizar, durante a mañá, as seguintes actividades:
  • Para iniciar a nosa festa, a profe Montse ensinounos uns divertidos bailes nos que tivemos que mover brazos, pernas, cabeza...
  • Os nenos das distintas aulas rotaron por distintos talleres: contacontos, visionado de pequenas películas, creación dun anteface, xogos co paracaídas e con plastilina…
  • Merendamos ricos doces típicos destas datas que trouxeron as nosas familias: filloas, tortas, orellas…
  • Cada aula foi a disfrazarse e desfilamos ao redor do colexio durante uns minutiños nos que parou de chover.
Para rematar a festa, bailamos todos xuntos no local social de Leiro.


Se queredes ver máis fotos aquí tedes o ENLACE.

No hay comentarios:

Publicar un comentario