28 oct. 2014

FESTA SAMAÍN E MAGOSTO 2014



O vindeiro xoves 30 de outubro imos celebrar na Sede do CRA, en Leiro, a festa do Samaín e o magosto. Ao longo da mañá organizaranse xogos, contacontos e visionado de curtas. 

Anxo Moure virá visitarnos e encherá de contos e historias máxicas a nosa escola. 

A merenda compartida traerana os nenos e nenas de 5 anos. 

Necesitamos a colaboración das familias para asar as castañas. As que poidan, por favor, que queden xa cando traian os meniños para poder ir organizando porque leva o seu tempo.

A partir das 12 as familias poden incorporarse á festa e ao contacontos final con Anxo Moure.

Non esquezades traer a vosa cabaza decorada para a exposición! Animádevos a participar!


No hay comentarios:

Publicar un comentario