20 dic 2014

FESTA DE NADAL NO CRA DE RIBADUMIA

A prensa de hoxe resume o que deu de si a festa de Nadal do noso CRA: xogos, contos, actuacións, a visita do Apalpador e as panxoliñas da Escola de Música de Ribadumia fixeron da mañá de onte unha festa na que participou toda a comunidade educativa. Bo Nadal a todos, feliz ano 2015 e vémonos no cole o 8 de xaneiro. Non esquezades pedir un conto na vosa carta aos Reis!!

Diario de Arousa
Faro de Vigo

Xornal Galiciasur Pontevedra

12 dic 2014

CONCURSO TETRAPACK

Nas aulas de Ribadumia estivemos elaborando un muiño con envases vacíos, presentamos esta obra a un concurso de tetrapack. Por iso, precisamos a vosa axuda para que o nosos nenos/as gañen o concurso, para axudarnos deberedes votar na nosa obra (votase co e-mail) no seguinte enlace.
Animádenos a axudarnos, promocionade a nosa obra.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Picture2.png

2 dic 2014

NADALARTE, ACTIVIDADES INFANTÍS PARA O NADAL NO MUSEO DE PONTEVEDRA



RESERVADE CANTO ANTES SE QUEREDES IR COS VOSOS FILLOS E FILLAS!!

Con motivo das vacacións escolares de Nadal, o Gabinete Didáctico do Museo organiza o programa Nadalarte 2014, no que se propoñen dúas actividades para nenas e nenos.
OBRADOIRO CREATIVO DE ADORNOS DE NADAL
Nesta actividade, que ten unha duración de dúas horas, ademais da parte de manipulación e creación os participantes farán unha visita guiada á exposición Historia do xoguete español e realizarán o xogo Buscando os xoguetes na pintura.
Os nenos e as nenas que desexen participar teñen que escoller entre as seguintes datas:
22, 23 e 26 de decembro de 2014: nenos/as de 5 a 8 anos.
29, 30 de decembro e 2 de xaneiro de 2015: nenos/as de 9 a 12 anos.
Sexto Edificio de 11 a 13 h.
15 participantes por quenda.
É necesaria inscrición previa, chamando ó 986 804 100 extensión 42413 ou na dirección de correo-e: gabinetedidactico.museo@depo.es
CONTOS INFANTÍS A PIANO
Trátase dun espectáculo que integra literatura, música e pintura, centrado no conto infantilUnha semana do pequeno elfo Cerra - Ollo de Hans Christian Andersen.
Nel o dúo de piano a catro mans Pérez & Rejas (Constantino Pérez Murás e Patricia Rejas Suárez) interpretará en directo a versión deste conto realizado polo francés Florent Schmitt ó tempo que se proxectarán as imaxes creadas pola pintora Marta Román Cid, inspiradas tanto nos contos como na música que os acompaña. A narradora Iciar Borges irá relatando cada unha das escenas que a música describe.
A duración será duns 45 minutos.
Domingo 21 de decembro
Sexto Edificio ás 18:00 h.
Entrada libre ata completar aforo.