11 may. 2015

LISTAS DE ADMITIDOS/AS PARA O CURSO 2015/2016

Tódolos nenos e nenas que reservaron praza para o vindeiro curso neste centro, están admitidos.

Dende o 2 de Xuño, poderedes recoller a documentación para a formalización da matrícula nas escolas do Cra, para así formalizar a matrícula dende o LUNS 22 DE XUÑO ata o MARTES 30 DE XUÑO.






4 may. 2015

CELEBRACIÓN DOS MAIOS

Cada ano no noso centro educativo rendímoslle unha homenaxe á primavera, cantándolle ao maio. Este ano no Cra fixemos esta celebración o 30 de Abril, na sede en Leiro.
Todas as familias dos nenos/as do centro trouxeron flores, fiuncho, ovos baleiros, laranxas, limóns ... para elaborar o maio maís fermoso.



Durante a mañá o Cra en Leiro, estivo cheo de aromas de diversas flores e cítricos.



Os nenos/as realizaron obradoiros: cadeas de flores, un de plástica coa elaboración dun colar de flor, contos, vídeos de cancións populares e debuxos animados da primavera...

Grazas ás familias para repoñer forzas tivemos unha deliciosa merenda. 


Despois de acabar os obradoiros e a merenda, como remate final 
tan só quedaba cantarlle a canción ao maio.

Ao acabar a cantiga do maio, para "Levantalo" despois do inverno, chegou unha actuación especial "un grupo de música tradicional", agasallándonos con música galega.

Moitas grazas pola colaboración ás familias, aos músicos,aos docentes  e ao alumnado do CRA para poder facer realidade este día tan especial.