26 jun 2015

GOLFIÑO, A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO

O día da festa de fin de curso, os nosos alumnos levaron a palabra galega que resultou gañadora despois de que votaran familias e mestres entre todas as que saíran elixidas.
Para que lembraran esta actividade, entregámola impresa nunha chapa.



12 jun 2015

A PALABRA MÁIS FERMOSA DO GALEGO É…

Xa votaron as nosas familias, e tamén os mestres, a palabra máis fermosa entre todas as que saíran elixidas.
As finalistas foron: Agarimo, xato, aloumiño, bico, axóuxere, xoaniña, compañeiros e bolboreta.

A gañadora é…GOLFIÑO con 5 votos

Agora estamos preparando unha sorpresa, para que todos os nosos alumnos poidan levala e lembrarse desta actividades na que participaron todos os membros da nosa comunidade educativa.

8 jun 2015

¿CAL É A MÁIS FERMOSA?

Estas son as palabras máis fermosas do galego para as familias dos nenos e nenas do CRA de Ribadumia.


Agora toca votar. Hoxe cada neno levou unha folla con todas estas palabras.  Teñen ata o mércores para rodear a súa favorita. Lembrade que soamente podedes escoller unha. Os que prefiran facelo  a través desta páxina, poden enviar un comentario coa súa elección.  

1 jun 2015

AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Hoxe 1 de Xuño publicouse no DOG a orde 22 de maio de 2015 pola que se convocan axudas para a adquisición de libros de texto para o alumnado matriculado en 1º,2º,4ºe 6º; 1º e 3º da ESO.
Para o alumnado de Educación Primaria, está aberto o prazo de petición das axudas dende o 2 DE XUÑO ata o 2 DE XULLO.
Podedes consultala no seguinte enlace:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150601/AnuncioG0164-220515-0001_gl.html