27 jul 2015

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR

Actualidade

Becas de material escolar para E.Infantil E.Primaria e E. Secundaria para o curso 2015/2016

24.07.2015

O Concello de Ribadumia convoca Bolsas de material escolar para Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Secundaria para o curso 2015/2016. O prazo de presentación de solicitudes remata o día 5 de agosto de 2015 e as solicitudes preséntase ans oficinas municipais en horario de 09:00 a 14:00 horas.



Os interesados en acollerse a este plan de becas para material escolar convocado polo Concello de Ribadumia ten que cumprir os seguintes requisitos:

- Non percibir outras axudas polo mesmo concepto de outros organismos públicos ou privados.
- Estar empadroado no Concello de Ribadumia
- Cursar estudos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria ou Educación Secundaria.
- As persoas beneficiarias non poderán superar os seguintes límites de ingresos. Teranse en conta as hipotecas e os alugueres ata un máximo de 350€ mensuais.
Nº DE FAMILIARES     MÁXIMO ANUAL  MÁXIMO SEMESTRE     MÁXIMO MENSUAL 
2                             7.743,6   3.871,8                 645,30  
3                             9.292, 32         4.646,16                774, 36 
4   10.841,04        5.420,52                903,4
5   12.389,76        6.194,88                 1.032,48
Os interesados terán que entregar a seguinte documentación nas oficinas de Servizos Sociais do Concello en horario de 09:00 a 14:00 horas: 
- Solicitudes (se recolle no Concello)
- DNI do solicitante e membros da unidade familiar, Certificado de Convivencia
- Xustificantes de ingresos de xaneiro a xuño do ano en curso e, Copia cotexada das Declaracións do IRPF, do exercicio económico anterior ou Certificacións negativas do IRPF de tódolos convivintes, sexan ou non membros computables.  
-De ser o caso, recibo de Aluguer ou Xustificante do pago de emprésito para adquisición de vivenda habitual.
- Certificación bancaria do múmero de conta.
- Declaración das axudas recibidas polos mesmos conceptos.
- Factura do gasto realizado.  
O PRAZO REMATA O 5 DE AGOSTO 

No hay comentarios:

Publicar un comentario