20 oct 2015

PREPARANDO O SAMAÍN

Xa sabedes que este ano a festa do Samaín vaise encher de bruxas e tédesnos que axudar a preparar un libro de apócemas moi, moi noxentas. Cada familia axudará ao seu fillo ou filla a escribir a lista de ingredientes necesarios para a súa apócema (ingredientes como por exemplo ollos de dragón, bigote de gato, dente de rato, moco de ra...) e na parte de arriba explicará para que serve esa apócema ( por exemplo para facerse invisible, para que medren as orellas, saian antenas na cabeza...). No recadro da dereita pegaremos o debuxo dunha bruxa feito polo neno ou nena nun papel á parte do tamaño do recadro. E para finalizar, no caldeiro pegaremos recortes ou debuxos feitos nun papeliño á parte dos ingredientes que necesitamos para facer a apócema ( por exemplo, se nos ingredientes puxemos: uñas pintadas, podemos recortalas dunha revista e pegalas directamente).
Deixade voar a imaxinación! Tedes ata o vindeiro luns 26 de outubro para facer as vosas apócemas. Non esquezades poñer o voso nome!! Moitas grazas pola vosa colaboración.


E por fin o Libro da bruxa chega ao noso blog. Moitas grazas polas vosas achegas!






























TARDE DE CONTOS

O Concello de Ribadumia, invítavos este VENRES 23 de Outubro a partires das 17:30 horas na Casa da Cultura de Ribadumia a disfrutar unha tarde de contos con ANXO MOURE.
 Para celebrar o DÍA DAS BIBLIOTECAS.

ENTRADA GRATUITA