17 nov 2015

NOVEMBRO, MES DA TRADICIÓN ORAL

Como cada curso, un  novembro máis celebramos na escola o mes da tradición oral. Este ano imos traballar cos cantos de berce, arrolos ou nanas: cantos ou sons para apazugar ou adormentar un neno ou nena. Necesitamos a vosa colaboración para axudar os vosos fillos e fillas a cubrir as plantillas que levaredes ao longo desta semana seguindo unhas sinxelas instrucións:


Con todas elas faremos unha compilación nun libro que pasará a formar parte da nosa biblioteca. Tedes ata fin de mes para traer a vosa nana. Moitas grazas por participar!

3 nov 2015

SAÍMOS NA PRENSA - CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

Na Voz de Galicia podemos ver a actuación do noso alumnado.

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/vilagarcia-de-arousa/2015/10/30/cuenta-atras-aulas-noche-samain/0003_201510A30C12992.htm

SAMAÍN - MAGOSTO

O 29 de Outubro celebramos na sede do C.R.A en Leiro o Samaín e o Magosto. Este ano ademáis do noso alumnado participou tamén a EEI de Solobeira.

Durante a mañá o alumnado realizou diferentes obradoiros:

VISIONADO DE SAMAÍN.

  RIBADUMIA

 LOIS E SOLOBEIRA

 SISÁN

 LEIRO


CONTOS CONTIÑOS .... DE MEDO.


Bruxas, trasnos, receitas aterradoras...


A Bruxa Brunilda, A Bruxa e o dente...


OBRADOIRO DE PLÁSTICA: Facemos un cucurucho para levar castañas asadas.




XOGOS CASTAÑEIROS.







Despois de tanto xogar e traballar, hai que coller forzas para as actuacións. Que mellor que cunha riquísima merenda que trouxeron as familias do alumnado de 5 anos.

DEDOS DE BRUXA....






DELICIUS....



GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN E CREATIVIDADE.
FOI UNHA MERENDA TERRORÍFICA.





ATA TIVEMOS DE MERENDA UN....





CEMITERIOOO!!!
TUMBA POR AQUÍ, TUMBA POR ALÁ, TUMBA, TUMBA, JAJAJAJAJA.

Chegou o momento de cantar e bailar.
Primeiro coa actuación de Luis Vallecillo.




Luis Vallecillo coa súa actuación 

"Cántoche un Conto". 


Todos os alumnos actuando coa canción de música, grandes artistas convertidos en esqueletos e tumbas.



Durante a mañá visitounos unha bruxa moi especial, con moitas pócimas, receitas máxicas e divertidas cancións  a BRUXA HERMELINDA.



Despois desta sorprendente visita só nos quedou encher para os nenos os cucuruchos de castañas asadas e despedir un ano máis o SAMAÍN dándovos as grazas a todos pola colaboración e a participación.

Podedes ver tódalas fotos no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=204