19 feb 2016

XIII XORNADAS DA MULLER

O vindeiro Sábado 5 de Marzo de 2016 no IES de FONTIÑAS  celébranse as xornadas da muller, sobre identidade sexual, homofobia e violencia de xénero.



O ENTROIDO NO CRA DE RIBADUMIA SAE NA PRENSA

A nosa celebración do entroido saíu en diversos medios de comunicación escritos, na Voz de Galicia e no Diario de Arousa.
Velaiquí vos deixamos todas as novas destes días.






9 feb 2016

CELEBRACIÓN DO ENTROIDO

O venres 5 de Febreiro celebramos na Casa da Cultura de Ribadumia o entroido. Comezamos a mañá con xogos e cancións.























Ao remate, elaboramos un antiface nun obradoiro de plástica.















FERMOSÍSIMOS ESTES ANTIFACES, QUEN SERÁN SERÁN...?





Tamén contamos uns contiños de entroido.











Conto, contiño,
fala para min...




Agora precisamos xogar un pouco por iso disfrutamos do patio exterior á casa da cultura chego de columpios e tobogáns.

Tamén agradecer ás familias pola deliciosa e impresionante merenda que nos trouxeron para recuperar forzas antes de desfilar.



                                                                                     




Agora a pasear polo entorno en Ribadumia para lucir os disfraces tan espectaculares sobre o entroido canario, fantasía e colorido.

LEIRO: Fantasía Sicodélica.





LOIS: Fantasía Frutal










RIBADUMIA: Fantasía Geométrica.




SISÁN: Fantasía Floral




















Desfile polo entorno.








E xogos co paracaídas.





Para rematar, darlle as grazas a todas as persoas e entidades (familias, ANPA, concello...) que colaboran co centro para que este o traballo deste día especial sexa posible.

Na galería da páxina web podedes ver tódalas fotos. Aquí tende o enlace.