31 mar 2016

SALÓN DO LIBRO

No pazo da Cultura de Pontevedra dende o día 1 de Abril ata o 23 de Abril celebrarase en Pontevedra o Salón do Libro.



Aquí vos deixamos o enlace ao programa de actividades que se desenrolarán eses días.



http://www.pazodacultura.org/gl-ES/salon-do-libro/2016.aspx













http://www.pazodacultura.org/media/salon-do-libro/2016/Programa_Salon_do_libro_2016.pdf

SAÍDA Á CONSERVEIRA E AOS BOMBEIROS

O pasado 9 de Marzo o noso alumnado realizou dúas saídas educativas.
A primeira parte da saída:

* VISITA Á CONSERVEIRA (CONSERVAS DE CAMBADOS) en Barrantes.
Alí ensináronnos todo o proceso de elaboración das conservas dende que chega o peixe ata que se envasa e está listo para a súa venta ao público.



Neste día de visita había para envasar, ourizo de mar e xoubiñas.
Ademáis de observar tamén puideron envasar unhas conservas moi especiais (gominolas de cores).

A segunda parte da saída:

*VISITA AOS BOMBEIROS DE GALICIA.

Alí puidemos comprobar a gran labor que fan os bombeiros. Como axudan nas emerxencias, onde reciben os avisos, como é a súa roupa e elementos de protección, os extintores,....


Tódolos nenos e nenas que quixeron recorreron o parque de bombeiros no camión.


GRAZAS A TODOS/AS POLA SÚA PARTICIPACIÓN.

Premede no seguinte enlace para ver tódalas fotos desta saída.

http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=211

http://www.edu.xunta.es/centros/craribadumia/galeria/thumbnails.php?album=217

16 mar 2016

ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2016/2017

Recordatorio para todas as familias que queiran matricular o seu fillo no noso centro:
 ESTE CENTRO PERMANECERÁ PECHADO EN SEMANA SANTA DO  21 AO 28 DE MARZO, polo tanto poderase entregar a documentación de admisión  ata o VENRES 18 e despois á volta de vacacións o día 29 de MARZO en Leiro na Sede do C.R.A.

Un Saúdo.