25 may 2016

MOBILIDADE SEGURA E SOSTIBLE - SEGURIDADE VIAL NO C.R.A DE RIBADUMIA

O martes 24 no C.R.A. de Ribadumia na parroquia de Sisán desenrolouse unha actividade sobre a Seguridade Vial, enmarcada no programa "Mobilidade Sostible e Segura" do Plan Proxecta.

Contamos coa colaboración de Paco Torres da Autoescola Barrantes para elaborar e coordinar un circuito no que o noso alumnado recorreu coma peóns, coma ciclistas, cos seus patinetes ou outros vehículos infantis...
                                                                                                                                                                 
ESTAMOS PREPARADOS
ATENTOS ENSINANDO SINAIS




COIDADO CRUZAN PEÓNS.


CHARLA E PRESENTACIÓN SOBRE SEGURIDADE  



Por o cinturon de seguridade
VISITA AO COCHE PATRULLA E A MOTO DOS AXENTES DA DXT





Ao remate destas actividades, degustaron unha deliciosa merenda ( parte dela agasallada pola  ANPA)


Ummm, que rica

Despois de merendar aínda nos quedaban 2 actividades para realizar.

Un obradoiro de cociña e outro de plástica.

OBRADOIRO DE COCIÑA.

Cada alumno/a realizou un SEMÁFORO.

Ingredientes:

- Sobao.
- Pasta de azucre (verde, vermella e amarela)
- Auga.



OBRADOIRO DE PLÁSTICA

Creación dun carnet de conducir para nenos/as.





Con esta actividade conseguimos
que o alumnado coñeza mellor a rúa
e os seus perigos.


Queremos darlle as grazas ao persoal da DXT que colaborou co centro nesta actividade e no desenrolo do proxecto, a Paco pola elaboración e coordinación do circuito, ao concello, a ANPA.

Tamén nos visitou a prensa o Diario de Arousa e La Voz de Galicia, para darlle difusión a esta actividade.

Para ver tódalas fotos da galería relacionadas con esta actividade preme AQUÍ

















No hay comentarios:

Publicar un comentario