30 jun 2016

CONCURSO DINOSETO JOYA

O pasado 29 de Xuño, desprazáronse ata o  Auditorio do Concello de Vigo dous alumnos/as do C.R.A., que resultaron finalistas no Concurso Dinoseto Joya.
Este concurso foi realizado pola Escuela de Joyería del Atlántico. Os finalistas do noso centro foron David Rodríguez da escola de Lois e Mencía González da Escola de Ribadumia.

Estes dous alumnos, as súas familias e as súas mestras pasamos unha tarde divertida e emotiva na que os protagonistas recibiron o diploma de finalistas e outras larpeiradas.

Despois nomearon aos gañadores desta edición deste concurso, entre eles a Mencía González.
Do seu debuxo realizaron o alumnos da escola de xoeiria un fermoso broche.

No hay comentarios:

Publicar un comentario